Autores galegos: guía e enciclopedia nunha soa páxina

17 de mayo de 2026

By David

Enciclopedia interactiva de autores galegos

Quixen reunir os principais autores galegos e autoras nunha enciclopedia da literatura galega que xunte nun só sitio a información máis importante. Algo cómodo de consultar, sen ter que andar saltando dunha páxina a outra.

O resultado é unha enciclopedia con setenta autores e autoras. Están os sesenta e catro homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 1963 ata 2026, sen faltar un só ano. Ademais, engadín seis nomes que nunca tiveron o seu Día das Letras: algúns porque desenvolveron boa parte da súa obra en castelán, como Valle-Inclán, Pardo Bazán ou Cela; outros porque nunca chegaron a ser homenaxeados, como Manuel Rivas ou Domingo Villar. Non se pode contar a literatura galega deixándoos fóra.

Cada ficha segue a mesma estrutura: quen era, de onde, que escribiu, dúas ou tres curiosidades que paga a pena coñecer e unha obra destacada. Tamén hai un buscador, filtros, unha liña do tempo ordenada pola data de nacemento e un cuestionario curto para rematar.

O que máis tempo me levou non foi escribir os textos. Foron as fotos. Conseguir un retrato de cada autor non sempre é doado. Algúns, como Leiras Pulpeiro ou Noriega Varela, apenas teñen imaxes dispoñibles. E nalgúns casos, simplemente non existe ningún retrato: de Afonso X consérvanse pinturas do século XIX; de Frei Sarmiento, un óleo; e dos trobadores da ría de Vigo non se conserva ningún, así que optei por unha miniatura das Cantigas con dous músicos.

O máis curioso foi que, mentres a preparaba, tamén fun descubrindo autores e historias que apenas coñecía. Ao final, acabei aprendendo tanto como o que espero que aprenda quen a consulte.

Está pensada para abrir nun ordenador ou proxectala na aula, aínda que no móbil tamén funciona sen problema. Se a alguén lle resulta útil para preparar unha clase ou simplemente para descubrir algún autor ou autora, xa terá pagado a pena.

E, como sempre, se atopades algún erro, dicídemo. Revisei datas, nomes e obras varias veces, pero setenta fichas dan para moito.

5 1 voto
Puntúa este artículo
Suscribirse
Notificar sobre
guest

0 Comentarios
Más antiguos
Más recientes Más votados
5 1 voto
Puntúa este artículo
Suscribirse
Notificar sobre
guest

0 Comentarios
Más antiguos
Más recientes Más votados
0
Nos encantaría saber tu opinión, ¡deja un comentario!x