Enciclopedia escolar · 17 de maio

As nosas
Letras Galegas

Os escritores e escritoras que fixeron grande a lingua galega, dos clásicos do Rexurdimento ás voces de hoxe.

Preme en cada ficha para descubrir a súa historia
70
Autores e autoras
XIII–XXI
Desde a Idade Media
1963
Primeiro Día das Letras
1
Premio Nobel galego
Que celebramos hoxe

O Día das Letras Galegas

Cada 17 de maio, Galicia honra a súa lingua e a súa literatura. A Real Academia Galega instaurou esta celebración en 1963 e escolleu esa data porque nese día de 1863 saíu do prelo Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, a obra que deu comezo ao Rexurdimento.

Cada ano dedícase a unha figura que deixou unha obra relevante en lingua galega e cuxa traxectoria contribuíu de maneira destacada á literatura e á cultura galegas. Por este motivo, escritores galegos que desenvolveron a maior parte da súa obra en castelán —como Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán ou Camilo José Cela— non foron homenaxeados no Día das Letras Galegas, aínda que forman parte da historia literaria de Galicia e tamén están recollidos nesta enciclopedia.

1963
Primeira edición, dedicada a Rosalía
17-M
Data fixa cada ano
1991
Festivo oficial en Galicia
De onte a hoxe

Unha liña do tempo das nosas letras

Ordenadas polo ano de nacemento. As bolas douradas son os clásicos e históricos; as azuis, as voces contemporáneas e actuais.

Xogamos?

Pon a proba o que sabes

Sete preguntas sobre as Letras Galegas e os seus autores. A ver cantas acertas!

Cando esteas listo/a, comeza o cuestionario. Ao final saberás a túa puntuación.