Xogos de Sempre: a enciclopedia interactiva dos xogos tradicionais galegos

25 de junio de 2026

By David

Os xogos de sempre —a billarda, a chave, o peón, a rá, a corda…— forman parte do patrimonio cultural de Galicia. Xogábanse nas eiras, nos camiños e nos recreos, e pasaban de xeración en xeración case sen decatarnos. Mais moitos deles están a perderse.

Para axudar a recuperalos e levalos á aula, preparei Xogos de Sempre, unha enciclopedia interactiva e bilingüe (galego/castelán) dos xogos tradicionais galegos. Nela atoparás 44 xogos con fichas claras: descrición, regras paso a paso, historia e orixe, materiais, número de xogadores, idade recomendada e nivel de dificultade. Ademais, inclúe un mapa por provincias e unha sección de recursos pensada para o profesorado.

É unha ferramenta para levar estes xogos á clase, compartilos en familia e manter viva unha parte da nosa cultura. Ábrea a pantalla completa co botón que tes aquí abaixo 👇

¿Coñeces algún destes xogos? ¿Botas en falta algún outro? Cóntamo nos comentarios.

5 1 voto
Puntúa este artículo
Suscribirse
Notificar sobre
guest

0 Comentarios
Más antiguos
Más recientes Más votados
5 1 voto
Puntúa este artículo
Suscribirse
Notificar sobre
guest

0 Comentarios
Más antiguos
Más recientes Más votados
0
Nos encantaría saber tu opinión, ¡deja un comentario!x